jueves, 12 de abril de 2012

CONCURSO CHALLENGE DU VIN 2012


A D.O. RIBEIRO RECIBE UNHA MEDALLA DE OURO, DÚAS DE PRATA E TRES DE BRONCE NO CONCURSO CHALLENGE DU VIN 2012

Publicados os resultados do Challenge International du Vin, a D.O. Ribeiro acada seis novos premios que volven a recoñecer a alta calidade dos seus viños

Ribadavia, 10 de marzo de 2012. O concurso Challenge International du Vin, celebrado en Burdeos (Francia) os días 30 e 31 de marzo, fai públicos os gañadores da presente edición, na que a D.O. Ribeiro recibiu un total de seis galardóns: unha medalla de ourodúas de prata e tres de bronce.

O Challenge du Vin foi o primeiro concurso internacional de Francia, polo que conta cunha experiencia de 36 anos. Actualmente está recoñecido pola comunidade europea e obtivo a certificación ISO 9001 no ano 2009. Cada ano, no marco dunha organización de gran profesionalidade, preto de 800 expertos catadores xulgan “a cegas” (é dicir, sen ver a marca do viño) máis de 4.700 viños procedentes de arredor de 40 países.

Relación de viños premiados no Challenge du Vin.
Medalla de Ouro
Coto de Gomariz Colleita Seleccionada 2009 de María Álvarez Serrano.
Medallas de Prata
Alberte 2010 de Bodegas Nairoa.
Casal de Armán 2010 de Javier González Vázquez.
Medallas de Bronce
Ailalá 2010 de María Álvarez Serrano.
Viña Farnadas Treixadura 2010 de Pazo de Vieite.
Virmadeus Treixadura 2010 de Casal de Virmadeus.

No hay comentarios: